Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vingegaard encabeza o elenco de favoritos na loita por O Gran Camiño

Vingegaard encabeza o elenco de favoritos na loita por O Gran Camiño

Rubén Guerreiro, Iván Sosa (Movistar), Ion Izagirre, Jesús Herrada (Cofidis) ou David de la Cruz (Astana) agardan presentar unha dura batalla

G24.gal 23/02/2023 07:45

O último campión do Tour de Francia Jonas Vingegaard será o gran favorito nesta segunda edición d'O Gran Camiño, a volta por etapas que percorrerá os vindeiros catro días as estradas de Galicia. 

O Jumbo Visma, mellor equipo do mundo, chega cun grupo de primeiro nivel no que tamén terá cousas que dicir Steven Kruijswijk. O Movistar gañou a primeira edición con Alejandro Valverde e este ano virá con Iván Sosa ou Rubén Guerreiro como ciclistas fortes.

Non serán os únicos favoritos. Os outros dous equipos Pro Tour tamén porán cartas importantes sobre a mesa. O Cofidis conta cun equipo moi poderoso no que destacan os nomes de Jesús Herrada ou Ion Izagirre e o Astana presenta a David de la Cruz como alternativa. O italiano Lorenzo Fortunato é outro dos que están nas quinielas para meterse entre os mellores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar