Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio: "Unha vitoria ante o Athlétic sería un broche de ouro para este ano"

Claudio: "Unha vitoria ante o Athlétic sería un broche de ouro para este ano"

O adestrador do Celta salienta o aspecto fisico antes de medirse o Athlétic

Claudio recoñece que algo están a facer mal na casa

G24.gal 13/12/2025 14:06

Na previa do encontro ante o Athlétic (este domingo, 16:15 hs, Balaídos), o adestrador do Celta pasou pola sala de prensa de Afouteza para repasar o momento do equipo e da institución. Porque Claudio valorou de xeito positivo a renovación do director deportivo, Marco Garcés, e mesmo indicou que o felicitou.

O técnico de Porriño falou de intensidade cando se referiu ao encontro ante o Athlétic e subliñou o perfil físico que tiveron os tres rivais desta semana, Real Madrid, Bolonia e agora Athlétic. Claudio tamén recoñeceu que "algo están a facer mal e non só se trata de mala sorte", cando se referiu a xeira do Celta na Liga na casa; ata o momento non gañou partido.  Para acabar, o adestrador do Celta recalcou que sería "un broche de ouro" pechar este ano 2025 cun triunfo en Balaídos ante o Athlétic, un rival de nivel Champions.

Para o partido, e á espera do informe dos fisioterapeutas, Borja Iglesias e Brian Zaragoza estarán a disposición do técnico.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar