O Celta queda a medio camiño da remonta na Cerámica (2-1)
O resultado púxose moi adverso na primeira metade co 2-0
Borja Iglesias reduciu diferenzas, e o equipo vigués tivo opcións de empate no treito final
O Celta segue de 7º con 44 puntos
Minuto a minuto
Ás 21:00h comeza o partido da Cerámica. Este é o XI inicial do equipo de Claudio Giráldez
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#VillarrealCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/871V7njzQY
— Celta (@RCCelta) April 26, 2026
E este é o XI inicial do Vilarreal de Marcelino
🟡 𝐎𝐍𝐂𝐄 𝐈𝐍𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 🟡#VillarrealCelta pic.twitter.com/A3CGdzVt7d
— Villarreal CF (@VillarrealCF) April 26, 2026
Comeza o partido na Cerámica. Vilarreal 0-0 Celta
Ollo que o árbitro asubía penalti na primeira ocasión do Vilarreal. Yoel derruba a Moleiro
Gol do Vilarreal. Gerard Moreno transforma o penalti enganando a Radu. Vilarreal 1-0 Celta
Primeira do Celta á saída dun córner. O balón cáelle a Borja Iglesias, pero non é quen de rematar e a pelota sae despexada
Balón longo para Hugo Álvarez, pero tarda moito en armar a perna desde a frontal e estrela o remate no seu par
Boa internada de Pedraza pola esquerda, e o seu centro raso chápao Radu cando xa armaba a perna Mikautadze
Gol do Vilarreal. Falta que saca rápido o Submarino, asiste Pedraza desde a esquerda, e marca Pepé de disparo raso desde a frontal. Vilarreal 2-0 Celta
Balón en profundidade para Pedraza, chega antes Radu, e Mikautadze busca a vaselina desde lonxe. O remate sae cruzado
Ocasión clara do Celta!!Centro de Mingueza desde lonxe, e Hugo Álvarez remata de primeiras. Para Arnau Tenas
Descanso na Cerámica. Vilarreal 2-0 Celta
Comeza a segunda metade na Cerámica. Vilarreal 2-0 Celta
A primeira da segunda metade é para o Vilarreal, cun remate de Gerard Moreno que sae rexeitado a córner
Outra ocasión para o Celta. O remate de Hugo Álvarez non atopa portería
Parada de Radu diante de Mikautadze. A xogada fora de Pepé
Dobre ocasión agora, cun envío de Jutglá desde a dereita e outro de Carreira desde a esquerda. Non chega ninguén ao remate
Remate de Pepé á saída dun córner, e Borja Iglesias evita o gol baixo paus
Penalti a prol do Celta!!!Gueye pisa por detrás a Borja Iglesias na frontal. Non o dubida o colexiado
Parou Arnau Tenas a Borja Iglesias. Pero ollo, que hai que repetir o lanzamento porque entrou na área un defensor do Vilarreal antes do disparo
GOOOOOOOOOOL do CEEEELTAAA!!!! Marca Borja Iglesias á segunda desde os once metros!! Métese no partido o equipo vigués co 2-1
Gran ocasión para o Celta!!!Centr Iago Aspas desde a dereita, e Jutglà remata contra o poste!!
Balón a Iago Aspas na frontal, pero o remate do moañés marcha arriba
Adiántase Yoel Lago a Comesaña para impedir o gol do galego
Volea de Alfon desde a frontal, para Radu
Final do partido na Cerámica. Quedou a medio camiño da remonta o Celta, que segue de sétimo con 44 puntos