Cargando resultados...
Vilagarcía despide de xeito brillante o mundial xuvenil de vela
Malta gañou na categoría de 49er, Italia na de FX e Bélxica levou a de Nacra 17
G24.gal
21/07/2024 20:41
Terminou o Campionato do Mundo Júnior de vela, que se desenvolveu estes días en Vilagarcía. Tras unhas intensas xornadas de competición, Malta, coa tripulación formada por Richard Schultheis e Youenn Bertin, fíxose co título en 49er. En FX gañou Italia. Sofia Giunchiglia e Giulia Schio impuxéronse por diante de Alemaña e Polonia. A parella española formada pola galega Stella Maris Enríquez e a balear Marta Cardona terminaron oitavas. Bélxica proclamouse campioa na categoría de Nacra 17.