Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo rexistra as peores cifras pero mantén estable a presión hospitalaria

Vigo rexistra as peores cifras pero mantén estable a presión hospitalaria

A área sanitaria rexistra máis de 2.000 casos nun só día

G24.gal 16/01/2022 18:33

Na área sanitaria de Vigo segue subindo o número de casos activos diarios. Un día máis supérase a barreira dos 2.000 novos contaxios en apenas 24 horas.  

Porque seguen facéndose moitas probas nos puntos habilitados. Coa volta ao cole, son moitas as familias que pasan por alí. Na estación de Guixar atenden viaxeiros e persoas con cita previa para facer un test de antíxenos.

Esta área sanitaria ten as cifras máis altas de casos activos de toda Galicia. A día de hoxe hai máis de 18.600 persoas coa infección.

Pero estes datos non se están a reflectir, polo momento, nos centros hospitalarios. A presión mantense estable ou con lixeiros cambios. Hai 88 persoas ingresadas, das cales dez están na UCI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos