Cargando resultados...
Vigo recupera o Hidria Segundo, o último barco español con motor de vapor activo
O Hidria Segundo acollerá visitas abertas ao público en Portocultura
G24.gal
12/04/2022 15:00
Vigo recupera o último barco con motor de vapor activo en España, o Hidria Segundo. Trátase dun buque emblemático, un histórico alxibe, que estivo en servizo na ría viguesa durante a segunda metade do século XX.
O Hidria Segundo foi trasladado esta mañá dende Bouzas a Portocultura, onde terá o seu lugar definitivo. Volve así ao peirao no que amarrou por primeira vez.
Os seus armadores en colaboración coa Fundación Traslatio e o Porto vigués aunaron esforzos para que poida chegar a ser un estandarte cultural e turístico. O Hidria Segundo acollerá visitas abertas ao público como centro de información da Ruta Xacobea Iacobus Maris.