Vigo concentrou en apenas seis días os datos de precipitacións máis altos de España
O total de chuvias acumuladas en xaneiro na cidade olívica chega aos 400 litros por metro cadrado
A cidade de Vigo foi segundo a AEMET, o lugar de toda España, con máis precipitacións rexistradas en apenas unha semana do 21 o 27 de xaneiro. 197 litros por metro cadrado, seguido de Ceuta, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo.
"Temos os paraugas pegados ao corpo", comenta con ironía un veciño de Vigo.
Esta estación meteorolóxica do Campus de Vigo, recolleu este mes de xaneiro un total de 451 litros de auga por metro cadrado. Cifras altísimas as que hai que sumar os datos rexistrados tamén na estación do aerorporto, 398 litros.
"É a primeira vez, nos anos que teño, chover máis si, pero non así tan seguido, unha tras outra", engade unha señora de idade avanzada.
O anómalo destes datos segundo a AEMET está na intensidade e na persistencia das precipitacións.
"Creo que en anos anteriores había un intervalo de descanso entre precipitación, aquí vén todo de golpe", conta outra viguesa desde a rúa.
"É aínda quedan outras tantas, eu vexo a previón e a semana que vén dan tamén todo de chuvia" di resignado outro veciño.
Borrascas que viñeron acompañadas de vento, neve e ondada. Por certo, a precipitación máis alta en Vigo nun mes de xaneiro foi en 1974. 770,9 litros por metro cadrado.
O bo deste tempo, está nos embalses coma este de Zamáns en Vigo, onde unha xornada máis houbo que desaguar tanta cantidade