Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor Narro, segunda incorporación para o ataque do Deportivo

Víctor Narro, segunda incorporación para o ataque do Deportivo

Destacou a temporada pasada no Valladolid Promesas (6 goles e 8 asistencias) e debutou co primeiro equipo

G24.gal 24/06/2022 20:23

O Deportivo anunciou a segunda fichaxe para a temporada 22-23. Trátase de Víctor Narro (27-5-99), un extremo que chega procedente do Valladolid Promesas onde destacou a pasada temporada. 

O xogador balear formouse nas canteiras de Mallorca e Vilarreal, equipo co que debutou en Segunda B xogando no filial amarelo. A pasada temporada tivo unha participación sobranceira no filial do Valladolid marcando seis goles e dando oito asistencias. O seu posto habitual é o de extremo onde ten un bo un contra un. As boas actuacións en Primeira Federación fixeron que Narro debutase co primeiro equipo do Valladolid.

A prioridade do equipo branco e azul é apuntalar os postos de ataque. Con Gorka Santamaría e Víctor Narro comeza a poñer os alicerces ofensivos da vindeira temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade