Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor García, a integración nas carreiras

Víctor García, a integración nas carreiras

O seu guía, Felipe López, estará cos atletas do proxecto ENKI na maratón de NY

G24.gal 30/04/2022 17:08

No Galicia en goles quixemos coñecer unha historia de integración e superación. O seu protagonista é Víctor García, atleta invidente do Club Atletismo Sada que acaba de gañar a súa categoría de discapacidade visual  na Coruña 10 da pasada fin de semana. Con el conversamos sobre a súa traxectoria e os seus adestramentos.

"Comecei coa bicicleta. Pero era malo. Un día miña irmá convenceume para facer a San Silvestre e alí engancheime, no 2019. Antes ía ao ximnasio na ONCE. Sempre tiven dende pequeno interese polo atletismo. O meu pai, QEPD, que me está vendo dende arriba, ocurréuselle facer un pequeno ximnasio na casa, cunha corda e uns ferros, cunha distancia de 55 metros para adestrar".

Polo Galicia en goles tamén pasou o seu guía, Felipe López, quen xunto á súa adestradora Noelia Papín, son pezas chave no desenvolvemento de Víctor.

"A compenetración que temos que ter leva moito tempo, pero Víctor progresa moito. É un exemplo a seguir. Por outra banda en novembro iremos con catro atletas ao maratón de Nova York, co proxecto do club inclusivo ENKI. Alí estaremos colaborando, como voluntarios, con Mario, Inés, Pedro e Ángel, que son os grandes protagonistas. Estaremos dándolles axuda en todo o que necesiten".

Publicidade
Publicidade
Publicidade