Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vestas entrega as cartas de despedimento aos seus 115 empregados

Vestas entrega as cartas de despedimento aos seus 115 empregados

A planta de Viveiro pechará o 31 de decembro

G24.gal 15/12/2021 14:51

A multinacional danesa Vestas comezou a entregarlles en man e un a un aos seus traballadores a comunicación do despedimento.

O ere afecta na factoría de Chavín ao total dos seus 115 empregados. A empresa rexeitou pospoñer o peche fixado para o vindeiro 31 de decembro e tamén amosou a súa negativa ante os 3 fondos de investimento interesados na planta.

Entre tanto os traballadores din que seguirán loitando e mobilizándose ata o final e están pendentes dunha nova mesa industrial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade