Versión asoballadora do Deportivo en Riazor (3-0)
Os de Borja Jiménez golearon 3-0 á U. D. Logroñés e manteñen a vantaxe de 3 puntos respecto do Rácing de Ferrol na loita polo segundo posto
Un Deportivo de dúas caras. Nada más entrar en Riazor deixa fóra esa imaxe mediocre que exhibe cando viaxa lonxe da Coruña. Diante dos seus estase a converter nun equipo dominador, que xenera e impide que o rival o faga. E nesta ocasión, estaba diante un equipo que loita tamén por dar o salto de categoría.
Todo é máis sinxelo se o marcador se abre axiña. E o Deportivo logrouno aos cinco minutos. Marcou Antoñito, nunha acción protestada polos xogadores do Logroñés. Puido haber falta de Quiles ao buscar o remate coa chilena.
Aos 12 minutos, o segundo, con outra das armas e executores predilectos. O balón parado e Adrián Lapeña. O seu cuarto gol en liga era o premio e un brilante inicio de partido. Non deixou de buscar o gol o Deportivo e é que faltaba o de Quiles. Puido chegar ao inicio do segundo tempo. Penalti dos rioxanos e o goleador deportivista non atina. Boa a parada do gardameta Daza.
Non foi daquela pero si a un cuarto de hora do final. O centro é de Héctor e o remate inapelable de Quiles. O seu decimosétimo gol no campionato. Fermosa a execución de Quiles e tamén o centro do lateral. O Deportivo aseguraba o cuarto triunfo seguido como local, e en cada un deles a credibilidade vai medrando de xeito exponencial.