Verín volveu celebrar o domingo corredoiro tras dous anos de pandemia
Os cigarróns encheron as rúas de cor e sonido
Milleiros de persoas por toda a vila
O día comeza poñendo o complicado traxe que levan os cigarróns, con numerosas pezas que hai que coidar ata o máis mínimo detalle para ser fieis á tradición e no que destacan a carauta, as chocas e a zamarra. Un ritual imprescindible para quen sente o entroido de Verín.
Co traxe xa posto, hai que sair á rúa a facer sonar as chocas e ondear e bater o chan coa zamarra. Son moitas horas de desfile polas rúas cun traxe que pesa uns 20 quilos e aturando o ruido dos milleiros de pequenas campás que se congregan na vila. Pero eso non supón ningún sacrificio para quen sente o entroido como parte de si mesmo.
Así pois, e de xeito espontáneo, os verineses celebraron a recuperación do domingo corredoiro logo de dous anos sen facelo. O tradicional saúdo os fregueses que saían da misa foi o punto e seguido a unha troula que continúa pola tarde.