Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vera Martínez regresa con ganas de divertirse: "Se gozamos, creo que todo vai saír só"

Vera Martínez regresa con ganas de divertirse: "Se gozamos, creo que todo vai saír só"

A central cántabra deixa atrás a lesión sufrida no recto femoral da súa perna dereita

G24.gal 25/09/2025 17:56 Última actualización 25/09/2025 18:07

A central cántabra deixa atrás a lesión sufrida no recto femoral da súa perna dereita a principios de agosto. Vera Martínez volveu o pasado domingo pisar o verde tras caer lesionada a principios de agosto. A central cántabra foi protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo e fixo especial fincapé na intención de gozar desta tempada.

“Volver xogar para min é como cando un neno dá por primeira vez ao balón. Eu gocei moito de poder volver ao campo coas miñas compañeiras e de saber que a perna responde ben. É un momento para min a nivel individual feliz. Estou contenta por poder volver para axudar”

Tamén se referiu ao arranque ligueiro.

“Creo que o inicio foi positivo. Foron dous empates e unha vitoria. Agora contra Real Madrid déusenos así.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade