Veciños protestan polos danos que produciron en 2021 as obras da A-57 nas súas vivendas
Quéixanse tamén de que a empresa que executa as obras estragou camiños e canalizacións de augas
As obras da futura autoestrada A-57 no tramo Vilaboa-Marcón deixaron numerosas secuelas en moitas vivendas da parroquia de Figueirido, afectadas polas voaduras realizadas durante o ano 2021.
Danos dos que case tres anos despois, os afectados aseguran que ninguén se fai cargo.
"Comprometéronse a que ía vir un técnico revisar as casas para dar unha solución e dicir se se ían facer cargo ou non. Estamos en xullo de 2023 e non veu absolutamente ninguén", di José Manuel López, da asociación de veciños de Santo André de Figueirido.
Os danos esténdense tamén ás parecelas polo proxecto da canalización das augas pluviais.
"Eles na zona de obra canalizan, pero fóra da obra non fan nada, di López."
Ademais varias estradas e pistas polas que transcorre o Camiño de Santiago están impracticables debido ao paso da maquinaria pesada.
Malia manter numerosas reunións, a última no mes de abril, con diferentes administracións din sentirse desprezados.
Anuncian mobilizacións e accións legais se no cumpren co compromiso de poñer solución aos danos e ás deficiencias detectadas.