Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños dun edificio de Lugo desaloxan as súas vivendas de madrugada por un incendio

Veciños dun edificio de Lugo desaloxan as súas vivendas de madrugada por un incendio

Sospéitase que o lume se iniciou no enchufe dun electrodoméstico

Tras sufocar o incendio e comprobar que se daban as condicións de seguridade, os residentes puideron regresar ás súas vivendas, agás os do piso en que prendeu o lume

(Imaxe: Policía Local de Lugo) (Imaxe: Policía Local de Lugo)
G24.gal 29/02/2024 10:31

Os veciños dun edificio situado na rúa Sanxillao de Lugo tiveron que ser desaloxados durante a madrugada deste xoves despois de rexistrarse un incendio nunha das vivendas do inmoble.

Tal como informou a Policía Local, o lume orixinouse nun enchufe dun electrodoméstico que se atopaba na terrada do piso, polo que tivo que ser sufocado por unha dotación de bombeiros.

Desta maneira, foi necesario o desaloxo de todo o edificio ata que se comprobou que as concentracións de gases non eran tóxicas. Despois os veciños puideron regresar aos seus domicilios, agás os da vivenda afectada, que pasaron a noite cuns familiares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade