Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do rural de Ourense organízanse para compartiren coche

Veciños do rural de Ourense organízanse para compartiren coche

Formaron un grupo de WhatsApp en que xa hai 80 persoas

G24.gal 04/04/2023 16:32 Última actualización 04/04/2023 16:52

Compartir coche é unha alternativa de mobilidade máis económica e sostible que conta cada vez con máis usuarios en zonas urbanas, pero que comeza a ter un oco no rural, como unha solución ás dificultades para desprazarse.

Manuel ten unha casa de turismo rural en Montederramo. Viaxa frecuentemente a Ourense. Colga nun grupo de WhatsApp o seu desprazamento.

Ana vive nunha aldea da Teixeira, un dos concellos con menos habitantes e máis envellecido de Galicia. Hoxe viaxará con Manuel.

Coma eles son xa máis de oitenta os veciños de diferentes concellos da zona que forman parte deste grupo.

Unha alternativa de transporte máis económico e sostible.

Unha especie de Blablacar local e de balde que leva anos funcionando nesta zona rural onde a aplicación para compartir coche apenas ten usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade