Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Tomiño protestan pola praga de moscas que os invade desde hai anos

Veciños de Tomiño protestan pola praga de moscas que os invade desde hai anos

Denuncian que a cantidade de insectos é tal, que lles afecta tanto ás casas particulares coma aos negocios

Piden que se busque unha solución urxente a esta invasión constante de moscas.

G24.gal 05/10/2025 23:09

Convocados pola asociación de veciños de Carregal, residentes en varios núcleos de Tomiño, no Baixo Miño, concentráronse no campo da festa para amosar o seu malestar pola praga de moscas que padecen e para reclamar solucións.

"Non hai dereito. Mira, todo o verán comendo con moscas e coa paleta. Non hai dereito, picadas por aquí, por alí, por todos os sitios, ata na cama, non podía nin durmir", protesta un dos veciños. 

"O único que che dan ganas é de marchar para outro sitio. Veñen en bandadas, non as dás matado con nada, nin coas tiras que se poñen nas cortes dos animais, énchense en dous días", engade outras das afectadas.

"Unha loucura coas moscas, veñen en pragas e de repente tes centos de moscas na casa. E sabemos o desagradables que son", subliña outro paricipante na protesta.

Din que non poden facer vida fóra das casas, nin case dentro, porque non hai insecticida que acabe con esta praga de insectos. As grandes eclosións danse cando empezan a subir as temperaturas e ante a falta de xeadas.

"Despois destes cinco anos vimos que as Administracións non se están involucrando todo o que deberían e queremos facer un chamamento para que se poñan a traballar conxuntamente e solucionen este problema", afirma Isaac Acuña, presidete da asociación de veciños de Carregal.

Un estudo da Universidade de Vigo atribúe a orixe deste tipo de problemas a determinadas prácticas agrícolas como o depósito de esterco fresco en vez do esterco xa compostado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade