Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños da Coruña levan máis de dez anos sen poder usar o seu garaxe

Veciños da Coruña levan máis de dez anos sen poder usar o seu garaxe

Non ten accesos nin de entrada nin de saída porque ía ser compartido con otro bloque que non se construíu

G24.gal 29/09/2022 14:04

Imaxinen que mercan un piso con praza de garaxe, pero que non poden usala. Non é que teña acceso restrinxido, é que simplemente non hai accesos para os coches. A que tiña que ser a porta principal está tapiada.

Di un dos veciños que "son tres plantas con entrada individual a cada unha delas. Non existe posibilidade nin de facer tráfico interior".

O acceso ao garaxe ía ser compartido con outro bloque de vivendas. Pero a construtora quebrou e no seu lugar deixou un soar baleiro, o que é hoxe un aparcadoiro improvisado.

Comentan os afectados que lles dixeron "que tiñamos que comprar piso e planta. Con boa fe entendemos que se construiría para facer o acceso ao garaxe. Falaban de catro ou cinco anos, pero pasou máis do dobre e seguimos igual".

A indignación dos veciños aínda é maior, xa que mensualmente teñen que facer fronte a gastos de mantemento das instalacións. "Falamos de preto de 800 ou 900 euros anuais, gasto por electricidade, revisión de maquinaria. Todo iso hai que pagalo".

E así levan xa máis dez anos. Din que xa non están dispostos a esperar máis, e por iso non desbotan recorrer á vía xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade