Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vecino e Aspas traballan no seu día libre para chegar a Friburgo

Vecino e Aspas traballan no seu día libre para chegar a Friburgo

Matías Vecino sufriu unha rotura fibrilar e Aspas arrastra unhas pequenas molestias no tendón de Aquiles

G24.gal 06/04/2026 18:38 Última actualización 06/04/2026 18:43

O centrocampista uruguaio Matías Vecino e o dianteiro Iago Aspas adestráronse este luns na cidade deportiva Afouteza no día libre concedido polo adestrador do Celta, Claudio Giráldez, ao resto do equipo.

Os dous futbolistas, que non puideron xogar fronte o Valencia por lesión, exercitáronse para acelerar a súa posta a punto co obxectivo de poder reaparecer no duelo europeo do próximo xoves contra o Friburgo, correspondente á ida dos cuartos de final da liga Europa.

Matías Vecino sufriu unha rotura fibrilar na perna esquerda durante a anterior eliminatoria ante o Olimpique de Lión, mentres que Aspas arrastra unhas pequenas molestias no tendón de Aquiles da perna esquerda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos