Publicador de contidos

Veciños do barrio coruñés do Castrillón denuncian un punto de venda e consumo de drogas

Veciños do barrio coruñés do Castrillón denuncian un punto de venda e consumo de drogas

Ringleiras de toxicómanos para mercar e consumir substancias

Denuncian que os roubos nos coches son constantes neste barrio da Coruña

Unha das chabolas convertida en punto de venda de droga no barrio do Castrillón
Marta González Salve 03/11/2021 14:02

Ringleiras de compradores a todas horas. É o que ven os veciños do barrio do Castrillón desde as súas vivendas e nas propias rúas Antonio Ríos e Casanova de Eirís, onde se sitúan dúas chabolas convertidas en puntos de venda e consumo de droga. 

Os veciños do barrio aseguran que senten medo e inseguridade ante a actitude dos toxicómanos que os increpan e lles piden cartos e diversos produtos. Denuncian ademais que os roubos nos coches son constantes e que os ocupantes fan moito ruído.

Xa presentaron un escrito ao Concello pedindo que se urbanice a zona para acabar coa degradación que está a sufrir o barrio e que se derruben as chabolas para erradicar un problema co que levan convivindo máis de dúas décadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar