Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Miradas do Camiño" obtén un dos Premios Nacionais ao libro de arte mellor editado

"Miradas do Camiño" obtén un dos Premios Nacionais ao libro de arte mellor editado

Teófilo Editorial reúne nunha obra de grande formato as acuarelas que pintou Quintana Martelo nas súas peregrinacións

O libro quere mostrar e difundir a beleza dos diferentes camiños a Compostela

G24.gal 26/11/2026 21:11 Última actualización 26/11/2026 21:33

José Luis Teófilo mostra con orgulllo o encargo que lle fixo o artista Manuel Quintana Martelo, recompilar as acuarelas que foi pintando durante as súas peregrinacións polos distintos camiños a Compostela. O resultado "Miradas do Camiño" acaba de ser recoñecido polo Ministerio de Cultura cun Premio Nacional ao libro de arte mellor editado.  E non foi un traballo doado conseguir esta pequena obra en grande formato.

Foi especial xa polo tamaño, explica o editor. Pódese imprimir aquí pero tivemos que mandalo encuadernar ao País Vasco porque era o único sitio que podía coser o libro a man e entapalos un a un  porque as máquinas non dan este tamaño. E despois pola cromática.  Porque o pintor é esixente no seu traballo e esixía que as cores que foran nesta publicación foran acordes coa realidade das súas pinturas.

O libro nace coa intención de difundir a beleza dos camiños milenarios a Compostela que Quintana Martelo soubo ver. E cada acuarela vai acompañada das reflexións de diferentes personalidades, desde amigos do artista ou personalidades de diferentes ámbitos ata a irmá de John Lennon.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade