Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Veciños do barrio coruñés do Mallos esixen solucións aos problemas de ocupación
Algunhas persoas din que a ocupación ilegal de vivendas, o tráfico de drogas e da delincuencia están alterando gravemente as súas vidas
                            G24.gal
                        
                            05/11/2021 14:29
                        
                        
                        
                        
                    
                    A preocupación e as protestas xa veñen de hai tempo. O pasado mes de setembro manifestáronse. As veciñas e veciños do barrio coruñés dos Mallos saían ás rúas para facer públicas as súas inquedanzas e mesmo o seu medo.
Algunhas persoas din que a ocupación ilegal de vivendas, o tráfico de drogas e da delincuencia están alterando gravemente as súas vidas.
Organizáronse como plataforma para pedir medidas concretas que consideran urxentes. Por iso este domingo 7 de novembro volverán manifestarse, desta volta na praza de María Pita, para pedirlle ao Concello que busque solucións ás súas demandas.