Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Ribeira denuncian o aumento da venda de droga

Veciños de Ribeira denuncian o aumento da venda de droga

A venda de estupefacientes polo miúdo no barrio de Bandourrío é frecuente

G24.gal 12/11/2021 14:11

Aínda que existen varios puntos no barrio de Bandourrío, en Ribeira, en que a venda de droga en pequenas cantidades é frecuente, o certo é que dende hai varias semanas os veciños da zona ven que este problema se está a agravar. Denuncian que a maior parte se concentra na rúa Manzanares.

Malia que a Policía Local pasa a miúdo por eses puntos, a veciñanza segue a alertar as forzas da orde cada día, pois a presenza de numerosos grupo de drogodependentes que van na procura da súa dose crece, pero non só nesta rúa, senón tamén nos arredores do parque infantil de Pedra Pateira.

Son varios os veciños do barrio preocupados por esta realidade. Din que as autoridades son coñecedoras de onde se están a vender estupefacientes. Denuncian amais, todos os problemas derivados e advirten tamén da agresividade que mostran algúns ante a negativa dos veciños de darlles diñeiro cando están a pedir na rúa.

A preocupación entre a veciñanza medra ao mesmo ritmo que a presenza da droga da rúa, e agardan que as autoridades traten de controlar a situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade