Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varias comunidades habilitan a alta automática tras a avalancha de baixas por covid

Varias comunidades habilitan a alta automática tras a avalancha de baixas por covid

Galicia aprobou, o 13 de xaneiro, a tramitación da alta automática aos sete días

G24.gal 23/01/2022 22:18

A pandemia da covid-19 provocou nas últimas semanas que o 10 % de cotizantes da Seguridade Social chegaran a estar de baixa. Ante esta situación inédita, varias comunidades, entre elas Galicia, decidiron autorizar a alta automática aos sete días.

Segundo os datos da Seguridade Social, entre o 1 e o 23 de decembro 240.000 traballadores tiveron que coller a baixa debido á covid, máis do triplo ca no mes anterior. Este incremento das baixas, que implica unha forte carga burocrática para os centros de saúde, fixo que varias comunidades simplificaran os trámites administrativos e habilitaran a alta automática aos sete días.

"Na atención primaria temos o problema de que estamos sobrecargados, de que non hai médicos suficientes para recambiar os que se van xubilar nos próximos anos. Do que se trata é de quitar todo o que é burocracia, relacionado coas baixas e coas receitas, simplificalo para que sexa máis áxil e mellor para todos. E agora viuse coa covid, non ten sentido que un doente teña que ir tres veces para facer algo que se fai dunha soa vez", explica Paulino Cubero, médico de familia.

Galicia é unha das comunidades que aprobou, o día 13 de xaneiro, a tramitación da alta automática aos sete días, sempre que a persoa afectada non teña síntomas. Con todo, a Xunta aposta por un sistema de aplicación homoxénea en todo o Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade