Publicador de contidos

Publicador de contidos

Valverde: "Respectamos moito o Ourense C. F., pero temos que ir para pasar"

Valverde: "Respectamos moito o Ourense C. F., pero temos que ir para pasar"

O técnico vasco puxo en valor as últimas xestas do Ourense no torneo copeiro

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 09/12/2025 17:21 Última actualización 09/12/2025 17:27

Ernesto Valverde avanzou este martes que, aínda que respectan "moito o Ourense", o Athletic viaxará a próxima semana ao campo do Couto coa intención de "pasar a eliminatoria" de dezaseisavos de final da Copa do Rei que os medirá a un partido no terreo de xogo galego.

"Respectámolo moito e temos que ir para pasar", dixo o adestrador do Athletic.

Valverde, nese sentido, puxo en valor as últimas xestas o Ourense no torneo copeiro.

"Enfrontámonos a un rival que eliminou dous de Primeira e o ano pasado tamén o Valladolid -que así mesmo estaba en Primeira", un equipo copeiro".

"Querémoslle dar e dámoslle importancia á Copa porque é unha das posibilidades de poder brindar á nosa afección unha boa traxectoria", engadiu Valverde

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar