Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vaga de roubos en casas do rural de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén

Vaga de roubos en casas do rural de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén

Oito vivendas foron asaltadas na ponte de decembro

G24.gal 13/12/2022 14:37

A Garda Civil alerta desta vaga de roubos no rural e recomenda estar alerta ante descoñecidos que axexen por zonas illadas, e tomar nota da matrícula por se son membros dunha banda itinerante. 

Conta Vicky: "Mirei a ventá aberta, pero seguín dentro da casa e non desconfiei e xa mirei os caixóns abertos do cuarto do meu fillo e da miña nora, e logo fun ao meu e xa mirei todo no chan, todo revolto, bolsos, pantalóns.. todo no chan".

Este foi só un dos oito roubos en casas das parroquias de Santo Adrián de Calvos e Moscoso cometidos durante a ponte de decembro. Segundo a Garda Civil, trataríase dunha banda organizada que vixía previamente vivendas do rural, e cando están baleiras entran forzando unha ventá para levar xoias e cartos.

Máis sorte tiveron estes veciños de Vicky, cando logo de desvalixala  tentaron facer o mesmo na súa casa. Dentro estaba un octoxenario que logrou que marcharan. Segundo relata o seu neto "Escoitou ruídos, estaba só na casa, e pensaba que éramos calquera de nós e non se levantou da sala e logo achégase cando escoita máis  ruído e dixo con voz forte quen anda alí? e entón foi cando escoitou polo baixo 'Vámonos'!"

Os ladróns xa forzaran a ventá e estaban a piques de entrar na vivenda. Os veciños aínda teñen o medo no corpo. "Menudo susto, e aínda no durmo, estes días durmía coa pila acendida aquí toda a noite e o outro dá quedei coa luz acendida porque aínda non me pasou.  Onte coa luz acendida toda a noite". Vicky quéixase de que "é unha impotencia moi grande, pido a todo o mundo que mire coches ou xente estraña que por favor avisen a Garda Civil porque están entrando en moitas casas". 

A Garda Civil alerta desta vaga de roubos no rural e recomenda estar alerta ante descoñecidos que axexen por zonas illadas, e tomar nota da matrícula por se son membros dunha banda itinerante. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade