Publicador de contidos

Publicador de contidos

Urxen evacuar unha vila de Ohio ante o perigo de que estoupe un tren con material tóxico

Urxen evacuar unha vila de Ohio ante o perigo de que estoupe un tren con material tóxico

O tren accidentouse a fin de semana e leva días ardendo

G24.gal 06/02/2023 21:15

O descarrilamento dun tren cargado de material perigoso nos EUA mantén este luns en alerta unha comunidade de Ohio. 

As autoridades urxen os habitantes de East Palestine a evacuar ante o perigo dunha explosión de gas. Deberán deixar os seus fogares as persoas que viven a unha milla (1,6 quilómetros) á redonda do sinistro.

Os vagóns están ardendo dende o venres á noite, cando se produciu o sinistro.

Os equipos especializados teñen planeado liberar químicos de polo menos cinco dos vagóns, que se atopan inestables, para reducir o risco de explosión.

O gobernador dixo que será un traballo controlado.

Moitos dos habitantes de East Palestine xa evacuaran durante a fin de semana, pero os funcionarios locais indicaron que máis de 500 residentes se negaron a irse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade