Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uns 450 cans perdidos no Camiño de Santiago atópanse nas instalacións do XEA en Zas

Uns 450 cans perdidos no Camiño de Santiago atópanse nas instalacións do XEA en Zas

Nos concellos onde máis animados perdidos son polos que pasa o Camiño francés a Compostela, principalmente Melide e Arzúa

G24.gal 19/05/2023 17:01 Última actualización 20/05/2023 09:13

Estas son as instalacións de XEA, unha empresa dedicada ao servizo integral de xestión do abandono de animais domésticos. Están en Zas, pero traballan para 30 concellos da provincia da Coruña, recollendo animais feridos, abandonados e perdidos. Aquí recupéranse ata estar listos para atopar un novo fogar.

 Óscar Villar, xerente de XEA Galicia: "Realizamos a recollida e despois realizamos tamén unha difusión dese animal para darlle un prazo de dez días para que apareza o propietario. Se o propietario neses 10 días non aparece, o animal pasa ao estado de adopción". 

Nestes momentos teñen case 450 cans. Moitos deles perdéronse no camiño, despois de seguir os pasos dos peregrinos

 Óscar Villar, xerente de XEA Galicia: "Hai cans que seguen os peregrinos, e deses cans hai moitos que fan un percorrido determinado e despois volven para a súa casa, pero hai outros que non. Hai outros que se estravían e van seguindo os peregrinos que involuntariamente os van arrastrando cara a outras poboacións, o que dificulta moito que eses animais poidan volver para a súa casa".

Nita Rivas, propietaria do albergue Cabo de Vila de Fisterra: "Veñen acompañando os peregrinos e despois os peregrinos marchan e nós temos que facernos cargo e avisar para que os veñan recoller".

Unha vez perdidos, a responsabilidade dos cans é dos concellos, coa carga económica que implica. Para Fisterra e outros concellos por onde transita o camiño, este empeza a ser un problema.

Óscar Villar, xerente de XEA Galicia: "Por exemplo, toda a zona do Camiño que vén por Melide, Arzúa, a zona de Fisterra, a zona de Mazaricos, son concellos que teñen que asumir unha cantidade de animais moito máis elevada que outros concellos por onde non pasa o Camiño, nos que si que tamén teñen animais abandonados, pero non nese nivel".

Aínda que normalmente son os cans os que se arriman, dende este centro queren mandar unha mensaxe aos peregrinos porque tamén teñen unha parte de responsabilidade.

Óscar Villar, xerente de XEA Galicia: "Porque, claro, se lle fas catro monadas e lle dás algo de comer, o can vai detrás túa. Entón temos que concienciar os peregrinos para que pouco a pouco vaian afastando os cans, dunha maneira non brusca, pero si intentar que non os sigan para que ese can poida volver de novo para a súa casa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar