Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Equipo @ da Garda Civil investiga unha suposta organización criminal que estafou máis de 150.000 euros

O Equipo @ da Garda Civil investiga unha suposta organización criminal que estafou máis de 150.000 euros

Loita conta o aumento dos delitos telemáticos

G24.gal 18/01/2022 13:42

Avanzan as novas tecnoloxías pero canda elas aparecen novos delitos e cada vez é máis doado ser vítima dun roubo a través de Internet, por iso a Garda Civil acaba de crear una unidade especializada para atallar os ciberdelitos máis comúns.

É o caso de correos ou mensaxes en que os ladróns se fan pasar por compañías de paquetería, de servizos ou mesmo de entidades bancarias e nas que nos piden datas, claves ou mesmo que entremos no enlace que nos mandan.

Nas sabotaxes ás tarxetas de créditos ou nas suplantacións de identidade os ladróns sempre deixan algunha pegada da que tirar. As principais dificultades xorden cando o delito se comete dende outro país.

O equipo arroba de Lugo investiga actualmente unha suposta organización criminal que estafou máis de 150.000 euros a case unha vintena de persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade