Cargando resultados...
Unhas 20.000 familias vanse beneficiar da gratuidade das escolas infantís
A medida entrará en vigor o vindeiro curso
G24.gal
25/10/2021 16:01
Satisfacción entre os pais pola decisión da Xunta de que as escolas infantís sexan de balde para todos os nenos de 0 a 3 anos o vindeiro curso. A medida entrará en vigor o vindeiro curso.
Estímase que beneficiará uns 20.000 cativos, tanto de escolas privadas como públicas. Neste intre xa son de balde a atención educativa para os menores de 0 a 3 anos no caso dos segundos ou demais fillos.
As familias consideran que se trata dunha medida fundamental para a conciliación e que supón un aforro importante que pode chegar a superar os 200 euros por neno ao mes.