Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha vitoria e dúas derrotas para os equipos galegos na Liga Endesa

Unha vitoria e dúas derrotas para os equipos galegos na Liga Endesa

Vitoria do Baxi para igualar o Ensino en vitorias

Derrota do Celta Zorka que segue na loita pola permanencia

O Ensino conserva o posto de play off malia a derrota

G24.gal 03/02/2024 13:22

Unha vitoria e dúas derrotas. Ese foi o balance dos equipos galegos na vixésima xornada da liga feminina. O triunfo, con valor engadido, foi o do Baxi Ferrol na pista do Gernika, rival directo polo playoff. Foi decisivo un rotundo parcial de 2-21 entre o final do teceiro cuarto e o inicio do último. Coincidiu cuns minutos espectaculares de Jessica Fequiere. A canadense con pasaporte haitiano anotou 12 puntos sen erro diante da canastra contraria.

O Baxi iguala a triunfos, 10, co Durán Maquinaria Ensino que mantén o último posto de playoff malia a derrota fronte a outro adversario por ese obxectivo. Perdeu co Jairis, nun partido en que as murcianas castigaron unha e outra vez desde o perímetro. Lograron 14 triplas, máis ca canastras de dous. A austríaca Aislin Konig viu o aro como unha inmensa piscina. 7 de 9 desde máis aló da liña. A sucesión de triplas, impresiona. O Ensino, desacertado, suou cada canastra, coas achegas de Lamana, Castedo e Giomi. Antonio Pernas rematou molesto cos árbitros. O Ensino lanzou 6 tiros libres por 19 do rival.

O que non tivo opcións foi o Celta Zorka Recalvi na difícil pista do IDK Guipúscoa. Resultaron definitivos os últimos 4 minutos do cuarto inicial, nos que o equipo de Cistina Cantero apañou un 16 a 2 que deixou os outros 30 minutos nun querer e non poder por parte das celestes. Os 15 puntos de Robin Benton foron a actuación individual máis destacada. O Celta, situado no antepenúltimo posto, conserva dúas vitorias de marxe sobre un descenso que marca o Gran Canaria. Os dous equipos, por certo, enfrontaranse na próxima xornada en Navia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar