Cargando resultados...
Unha vitoria diante do Boloña achegaría o Celta ao 'top' 8 da Europa League
A temporada pasada o corte estivo nos 14 puntos e, no caso de conseguir un triunfo, o equipo de Giráldez chegaría ata os 12
G24.gal
11/12/2025 12:06
Reforzados pola vitoria sobre o Real Madrid e coa confianza dos triunfos en Balaídos na Europa League, o Celta recibe o Boloña para dar un salto que lle permita ao celtismo seguir soñando con chegar polo menos á final. Ilaix é un exemplo da felicidade en que está instalada o vestiario de Giráldez, pero lembran que hai quince días o Ludogorets lles quitou o sorriso.
Os italianos contan cun defensa español, o exbético Juan Miranda, que ten ben marcado o Celta. Pablo Durán, tan protagonista nos partidos europeos, non estará contra os italianos. Ten unha lesión de ligamentos no ombreiro e será baixa ata final de ano.