Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha vaga de calor extrema afecta boa parte da península e Baleares

Unha vaga de calor extrema afecta boa parte da península e Baleares

En Estremadura e Andalucía alcanzáronse os 43 graos, nunca subira tanto o termómetro antes do verán 

Hai outra trintena de provincias en aviso laranxa ou amarelo por altas temperaturas ata o mércores

Pola noite os valores medios son de vinte graos, que fan case imposible conciliar o sono

G24.gal 13/06/2022 21:19

Agás a zona norte, o resto da península e Baleares sofren estes días unha vaga de calor extrema que dispara os termómetros ata os 43 graos. Unha ducia de provincias están en aviso laranxa por altas temperaturas. Unha sensación de bafa que non se calma nin de noite.

A peor parte lévana Estremadura e Andalucía. En localidades de Badaxoz, Sevilla e Córdoba, que se sitúan no nivel alto de risco por calor, chegaron aos 43 graos e mesmo os superaron. Calquera lugar á sombra, preto da auga ou mesmo dentro dela eran bo refuxio contra esta canícula temperá.

Non hai tregua nin pola noite. Estes días as mínimas non baixan dos vinte graos de media en arredor de trinta provincias. Castela-A Mancha, o val do Ebro en Aragón ou Madrid rozan os 40 graos polo día e ao poñerse o sol ao termómetro cústalle baixar. Hai lugares en que é case imposible durmir pola calor abafante.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén o aviso por altas temperaturas ata o mércores. Nalgúns puntos rexístranse ata 15 graos máis altos que o habitual nestas datas. Nunca se alcanzaran estes valores antes do verán en boa parte da península e nas illas. A partir do xoves prevese que haxa un cambio notable, cun descenso térmico duns dez graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade