Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha vaca inspira a xente maior aprendendo habilidades no final da vida

Unha vaca inspira a xente maior aprendendo habilidades no final da vida

O animal nunca fora xunguido ata este verán, con 20 anos feitos

Os donos din que a carne tan vella ten que ser especial

 

G24.gal 09/12/2022 20:27 Última actualización 09/12/2022 20:39

Con 20 anos feitos, o destino de Bonita hai tempo que estaba no matadoiro. Porén, o seu dono decidiu xunguila por vez primeira este verán. Agora non só domina a técnica de tiro e arrastre, senón que está a ensinar a súa compañeira no prado. A vontade do seu dono foi clave para poñela a andar pero tamén a actitude e aptitude da vaca.

Coma calquera xubilado que se coide, Bonita fai exercicio diariamente e garda unha dieta axeitada para a súa idade e para o estado da súa dentadura. Só lle falta desfrutar da familia e iso que as súas netas xa foron nais. Rubén e o seu irmán tamén a ceban para vendela porque cren que a carne dun animal tan vello ten que ser especial.

Cabe, pois, tomar exemplo desta vaca que na parte final da súa vida segue a aprender e resístese a deixarse vencer polos achaques.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade