Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha tripla sobre a bucina tomba ao Obradoiro

Unha tripla sobre a bucina tomba ao Obradoiro

Os de Moncho Fernández desconectáronse logo dun primeiro cuarto no que marcharon cun parcial a favor de 23-9

Moncho Fernández nun intre do encontro
G24.gal 30/10/2021 20:55

Na Liga ACB, o Obradoiro apañou a quinta derrota da temporada a mans do Tenerife

Moncho Fernández pedira regularidade na previa, e o seu equipo tivo todo o contrario. Gañou o primeiro cuarto 23 a 9, pero un parcial de 0-12 dos canarios no segundo meteunos no partido.

Cando restaban catro minutos, os visitantes puxéronse por diante por primeira vez no partido. Malia ao ampate in extremis de Zurbriggen, unha tripla de Wiltjer no último segundo sentenciou o encontro. 81 a 84. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade