Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha tripla na última décima mantén a vantaxe de campo para o Obradoiro no 'play off'

Unha tripla na última décima mantén a vantaxe de campo para o Obradoiro no 'play off'

O equipo santiagués chegou a perder por 26 no primeiro tempo e remontou (100-102) cunha incrible canastra de Barcello

Remata a temporada para o COB Ourense logo de perder en Guipúscoa

G24.gal 09/05/2025 23:04

Incrible o desenlace da fase regular da Primeira FEB co Obradoiro mantendo a vantaxe de campo no play off diante de Palencia grazas a unha tripla de Barcello na última décima de segundo en Burgos (100-102). Co triunfo de Palencia só lle valía a vitoria ao cadro obradoirista que fixo un primeiro cuarto nefasto (32-10) e chegou a ir perdendo por 26 puntos no segundo. Ao descanso o resultado era de 63-40. 

Todo mudou no segundo tempo no que o Obradoiro conseguiu recuperarse no terceiro cuarto (79-67) e púxose por diante por primeira vez no partido a tres minutos do final (89-90). As alternativas sucedéronse neses últimos minutos. O Tizona parecía ter a vitoria na man cando Jones anotou unha canastra a un segundo do remate. Pero na última xogada Barcello sacou unha tripla imposible para darlle a vitoria fundamental para superar a eliminatoria de cuartos

Remata a temporada para o COB

Unha vitoria do Obradoiro abríalle a porta do play off ao Aircargobooking Ourense pero tiña que gañar na pista do Guipúzkoa que tamén se xogaba entrar entre os nove mellores. O partido foi moi igualado (49-44 ao descanso). O Ourense tivo opcións ata o último cuarto (75-74 a 5 minutos do final) pero acabou perdendo por 87-78. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade