Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha tenda de Sarria leva 20 anos detectando as necesidades dos peregrinos

Unha tenda de Sarria leva 20 anos detectando as necesidades dos peregrinos

Localizan as marcas e produtos máis necesarios para facer a ruta

As pezas para a chuvia e as cunchas son o máis vendido

G24.gal 21/05/2024 18:38 Última actualización 21/05/2024 19:59

45.000 cunchas de vieira venderon o pasado ano dende esta tenda de Sarria ou 10.000 pulseiras do Camiño.

E iso só como recordos, xa que as meirandes vendas son de calzado, calcetíns, pomadas e todo o que resulta de utilidade para que facer a ruta xacobea sexa o máis cómoda posible.

A clave do éxito para poder competir coas grandes superficies e plataformas de Internet está en saber detectar os produtos e as marcas que máis utilizan os peregrinos.

A tenda tamén se ve beneficiada polos cambios na tendencia dos peregrinos.

Hoxe o 60 % dos que fan o camiño francés comezan a súa andaina dende Sarria, cando hai 20 anos eran só o 14 %. Algo que favorece o establecemento xa que os romeiros adquiren aquí todo o que esqueceron meter na maleta.

Esta primavera tan chuviosa tamén está disparando a venda dos tradicionais ponchos para se protexer da auga.

O produto que baixa vendas son as mochilas porque moitos peregrinos contratan transporte de equipaxe, que evita que se perda ou se deteriore.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade