Unha revista de viaxes publica a súa listaxe de vilas máis fermosas de Galicia
Escolle 4 vilas, unha por provincia, e recomenda visitalas este verán
A escolla é polémica porque non inclúe lugares como Allariz ou Combarro
As listas de sitios máis fermosos son sempre polémicos, e esta non había ser menos.
Escoller 4 lugares, un por provincia, non é encomenda fácil, e sempre trae consecuencias. Non tanto polos que están como polos que quedan fóra.
Dos poucos contentos, os veciños desta vila histórica de Betanzos, que se coroa segundo esta listaxe como a localidade imprescindible da provincia da Coruña. Reclamos, dende logo, non lles faltan.
Máis ao sur, na provincia de Pontevedra, a localidade escollida é Vilanova de Arousa, deixando fóra outras como Tui, Cambados ou Combarro.
Na provincia de Lugo esta revista de viaxes escolle Portomarín como a localidade máis fermosa, mentres que en Ourense tamén hai sorpresa, porque non está nin Allariz nin Celanova. A vila destacada é Ribadavia.