Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha plataforma veciñal reclama unha pista de atletismo regulamentaria en Redondela

Unha plataforma veciñal reclama unha pista de atletismo regulamentaria en Redondela

Denuncian as condicións indignas en que se adestran habitualmente

G24.gal 29/12/2022 13:55

Deportistas de base de Redondela realizaron hoxe un adestramento reivindicativo na praza do Concello. Foi o seu xeito de denunciar a carencia de instalacións axeitadas que padecen.

A plataforma veciñal de Redondela, formada fundamentalmente polo Club de Atletismo e moitos pais dos atletas máis novos, reclama de urxencia esa pista regulamentaria. Esixen unha instalación de 400 metros e rexeitaron a proposta dun parche que ofrecía o Concello no centro educativo onde adestran habitualmente. Din que o fan nunhas condicións que non contan co mínimo necesario para desenvolver correctamente as actividades.

Os pais que participan na plataforma, que hoxe volveu entregar sinaturas no Concello para que se solucione esta situación, temen polo futuro dos seus fillos nesta disciplina.

Dende o Concello de Redondela aseguran que se está traballando nunha solución con reunións cada 15 días cos afectados e na busca dun espazo que non é sinxelo de atopar para a construción dunhas instalacións desta envergadura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar