Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo falece no primeiro accidente mortal rexistrado no Morrazo en máis dun ano

Un mozo falece no primeiro accidente mortal rexistrado no Morrazo en máis dun ano

O coche que conducía caeu por un terraplén tras saír da vía no concello de Cangas

O copiloto foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro nunha ambulancia medicalizada

Os ocupantes do coche quedaron atrapados
G24.gal 03/07/2022 11:46 Última actualización 03/07/2022 16:24

Aconteceu na estrada provincial que volve cara a Cangas dende Cabo Home, á altura da parroquia do Hío. Pasadas as oito da mañá, varios ciclistas atopan un coche accidentado no medio do monte co seu condutor falecido e o acompañante semiincosciente.

O vehículo estaba desfeito. Bombeiros do Morrazo e o equipo municipal de Emerxencias de Cangas traballaron arreo para poder sacar dos ferros o acompañante, que estaba con vida. De feito, foi trasladado nunha ambulancia medicalizada ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Veciños de Vigo

O falecido tiña 28 anos. Ambos os dous, piloto e copiloto, era dous mozos veciños de Vigo que veraneaban coas súas familias en Cangas.

Investigan se o sinistro puido producirse por un exceso de velocidade nunha zona de curvas pronunciadas. O coche caeu por un terraplén de máis de tres metros de altura.

Primeiro accidente en máis dun ano

Dende había máis dun ano nesta comarca do Morrazo, dende Bueu ata Vilaboa, non se producía ningún accidente mortal. Unha mala nova que coincide coa primeira campaña de tráfico do verán, precisamente para concienciar da necesidade de ser prudentes ao volante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade