Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller de 86 anos atropelada por unha moto en Abegondo

Morre unha muller de 86 anos atropelada por unha moto en Abegondo

Os servizos de emerxencia confirmaron o falecemento da vítima no mesmo lugar do sinistro sen que chegase a ser trasladada a un centro hospitalario

G24.gal 14/08/2026 09:28 Última actualización 14/08/2026 12:17

Unha muller faleceu este xoves pola noite despois de ser atropelada por unha motocicleta na estrada AC-221, ao seu paso polo lugar de Vilar, na parroquia de Crendes, en Abegondo.

O accidente produciuse sobre as 22:00 horas, segundo informou o 112 Galicia, que recibiu o aviso do atropelo e mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos e á Garda Civil de Tráfico.

A vítima, de 86 anos, é veciña da zona, que, segundo relatan as testemuñas, regresaba da casa duns amigos e foi golpeada pola motocicleta que pilotaba un home que regresaba a casa tras saír de traballar.

"O motorista non puido esquivala e acabou na traxedia" explica José Manuel Pérez Abrodos, sarxento do Parque de Bombeiros de Betanzos.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia unicamente puideron confirmar o falecemento da vítima, sen que puidesen facer nada por salvar a súa vida. 

Segundo as primeiras análises do sinistro, a motocicleta non ía a unha velocidade elevada, e de feito o condutor non chegou perder o equilibrio e mantivose enriba do vehículo.

Os veciños do lugar de Vilar están conmocionados pola traxedia. A familia da vítima é moi coñecida por ser propietarios dun local hostaleiro na zona. Desde a Garda Civil piden prudencia á hora de camiñar polas estradas e utilizar as correspondentes prendas reflectantes. A hora de cruzar, facelo polas zonas sinalizadas. Neste caso a vítima non levaba chaleco reflectante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade