Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que facer esta fin de semana en Galicia?

Que facer esta fin de semana en Galicia?

A Peregrina, a Festa da Auga, San Roque ou San Mamede son as grandes protagonistas da xornada estival 

O 15 de agosto é unha das datas con maior número de celebracións por concello en toda a comunidade 

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 14/08/2026 09:25

O calendario festivo galego alcanza estes días un dos seus momentos de maior intensidade. Co 15 de agosto como protagonista, as rúas, prazas e carballeiras de Galicia énchense de música, tradición e gastronomía. De norte a sur, as festas patronais mestúranse con festivais, celebracións populares e citas gastronómicas que convidan a saír da casa e percorrer a comunidade para vivir o ambiente do verán galego. 

Música 

Festas da Peregrina (Pontevedra, ata o 17 de agosto): a cidade pontevedresa encara a súa recta final cunha programación chea de música e tradción para todos os públicos. Artistas como Miguel Ríos ou Pastora Soler son os encargados de poñerlles o ramo a estas festas patronais.

Festas de San Roque (Viveiro, do 14 ao 18 de agosto): esta fin de semana pasarán polos escenarios Alana, David Civera e Niños Bravos, ademais de diferentes orquestras e grupos. O luns 17 será a quenda da tradicional sardiñada popular. 

Festas de Cedeira (Cedeira, ata o 17 de agosto): Cedeira encara a súa recta final. O sábado 15, Día da Patroa, haberá misa, procesión e concerto da Banda de Música Vila de Cedeira, ademais de verbena e fogos artificiais. O domingo 16 celebrarase a tradicional procesión marítima, mentres que o luns 17, Día da Xira, pecharase a programación cunha verbena. 

Festas de San Mamede (Valdoviño, do 17 ao 19 de agosto): Valdoviño celebra as festas na honra de San Mamede. O día grande comezará cun percorrido tradicional de gaiteiros pola parroquia e, á 13:00 horas, terá luga a misa solemne, seguida dos fogos de artificio e unha sesión vermú amenizada polo Grupo Fusión. Ademáis, as verbenas amenizaranse coa Orquestra Cinema, Grupo Jaque e Punto Clave durante os seguintes días. 

Festas de San Roque (Betanzos, do 14 ao 25 de agosto): en Betanzos, o domingo 16 será o día grande das Festas de San Roque, unha das celebracións máis tradicionais da provincia da Coruña. A xornada culminará coa saída do Globo de San Roque, unha das tradición máis coñecidas da localidade, que volverá iluminar o ceo betanceiro. 

Festa Corsaria (Marín, 14 e 15 de agosto): Marín viaxa esta fin de semana ai século XVII, recreando a histórica batalla de Aguete de 1800. A vila encherase de mercado corsariom embarcacións históricas, oficios mariñeiros, espectáculos de rúa e actividades infantís. 

Batalla Naval da Coruña, Festas María Pita (A Coruña, 14 de agosto): o espectáculo pirotécnico ilumina a ensenada do Orzán. Comezará ás 23:30 horas. 

Festivais 

Rock in Rian (Rianxo, 14 e 15 de agosto): a música será protagonista en Rianxo coa celebración do festival, que reúne diferentes propostas da escena galega e que converte a localidade nun dos puntos de encontro musicais da fin de semana. 

Nachiños Fest (Ferrol, 14 e 15 de agosto): O porto de Curuxeiras volverá a reunir música e público novo durante a fin de semana. O cartel combina artistas e bandas galegas con diferentes propostas da escena alternativa. O prato forte chegará o sábado co concerto da banda galega do momento The Rapants. 

Gastronomía

Festa do Mexillón (Combarro, 14 e 15 de agosto): a gastronomía galega terá o seu espazo en Combarro, onde se celebra esta festa. O produto estrela das Rías Baixas será o protagonista das degustacións nunha celebración que combina gastronomía e música. 

Festa-Feira do Xamón da Cañiza (A Cañiza, ata o 15 de agosto): a xornada terá como protagonista a degustación do xamón e o XI Concurso Nacional de Cortadores de Xamón, ademais de música, verbena e actividades. 

Festa do Ovo Frito (Cervo, 14 de agosto):  Cervo celebra unha das citas gastroómicas máis singulares da Mariña. A organización prevé cociñar en directo 8.000 ovos e 4.000 chourizos durante a tarde. 

Tradición 

Festa da Auga de Vilagarcía (Vilagarcía de Arousa, 15 e 16 de agosto): as rúas da localidade volverán converterse nunha gran batalla de auga con motivo da celebración de San Roque, unha cita multitudinaria que cada ano atrae a milleiros de persoas. 

Baixada do Eume (Pontedeume, 15 de agosto): Pontedeume tamén ten marcada no calendario unha das citas tradicionais da vila. A competición reunirá embarcacións no río Eume nunha xornada que combina deporte e ambiente festivo. 

A Feiriña en Outes (Outes, 15 e 16 de agosto): a fin de semana chega acompañada da Feiriña, unha cita dedicada á artesanía, os produtos locais e gastronomía. A programación inclúe postos, actividades e propostas para toda a familia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade