Unha pelexa á saída dun local de Lugo deixa un mozo ferido grave
O rapaz está ingresado no hospital cunha ferida na cabeza
Un mozo de Lugo tivo que ser hospitalizado despois da festa de Noitevella a causa dunha liorta á saída da discoteca Las Palmeras.
Un home empurrouno contra o escaparate dunha tenda de alimentación e a vítima rompeu os cristais coa cabeza.
A liorta produciuse arredor das dez da mañá, cando xa remataba a celebración da Noitevella por causas que se descoñecen.
O ferido foi trasladado consciente ao HULA e alí permanece recuperándose das feridas.
O agresor quedou nun portal do lugar e, segundo testemuñas, chorando polo sucedido.
O incidence requeriu a presenza de ata sete patrullas da Policía Local e da Policía Nacional na rúa Tui, que durante algún tempo tivo que ser pechada ao tráfico.
Non é a primeira vez que este local é escenario de pelexas e altercados que motiva as reiteradas queixas dos veciños.