Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondera nun armario

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondera nun armario

Axentes da Policía Local interviñeron nunha pelexa entre dous homes, na que estaba o detido, que encontraron pouco despois no armario do domicilio do outro implicado

Imaxe da Policía Local de Lugo Imaxe da Policía Local de Lugo
G24.gal 23/12/2025 12:32

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que estaba en busca e captura e que, tras fuxir nun primeiro momento, foi localizado dentro dun armario.

Os feitos ocorreron preto da medianoite, cando os axentes interviñeron nunha pelexa entre dous homes na rúa Monte Faro. Durante a actuación, os axentes comprobaron que un deles tiña en vigor unha orde xudicial de detención e ingreso en prisión.

Ao decatarse diso, o individuo fuxiu do lugar, pero foi localizado pouco despois no interior do domicilio do outro implicado, quen autorizou a entrada dos axentes. O home foi atopado escondido no interior dun armario.

Esta fin de semana tamén foi levado a dependencias policiais outro lucense acusado de atentado á autoridade. Os feitos ocorreron ás 2:50 horas do pasado sábado, cando o Grupo Operativo Nocturno realizaba unha proba de alcoholemia a un condutor que deu resultado positivo. Nese momento, un individuo dirixiuse ao condutor asegurándolle que el se encargaría da situación e, a continuación, encarouse cos axentes en metade da calzada.

Tras ser conducido cara á beirarrúa, o home virouse bruscamente e arremeteu contra os policías con intención de agredilos. Durante a intervención opuxo "unha resistencia activa grave" e un dos axentes resultou lesionado, cunha dislocación de ombreiro, segundo informa a Policía Local de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade