Nova sentenza que obriga un instituto catalán a impartir o 25 % das clases en castelán
A denuncia presentouna a nai dun estudante, que tamén pediu que a rotulación do centro estivese nos dous idiomas
Ciudadanos anuncia accións penais contra un acordo do Govern que intenta protexer os docentes que defenden a inmersión
Este mércores coñeceuse outra sentenza sobre o ensino en catalán.
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña obriga, desta volta un instituto de Tarragona, a impartir o 25 % das súas horas lectivas en castelán.
A denuncia presentouna a nai dun estudante, que tamén pediu que a rotulación do centro estivese nos dous idiomas. Porén, a xustiza rexeitou esta última petición.
Accións penais de Ciudadanos
Entrementres, Ciudadanos anunciou "accións penais" contra un acordo publicado o 4 de xaneiro polo Govern que prevé protexer os funcionarios que non apliquen o 25 % de castelán na escola. O Govern, di o texto, protexerá "con todos os medios" aos que defenden a inmersión, principalmente docentes, e ofrécelles asesoramento e defensa xurídica.