Unha noite de festa con Boyanka Kostova, De Ninghures e Grande Amore
Boyanka Kostova traen o hard bass postsoviético a Galicia no tema 'Europa do oeste'
De Ninghures cántalles aos "amores que nos consomen" en 'O último baile'
Grande Amore pide perdón por todas as súas maldades en 'Onte fun moi malo'
Tres bandas galegas cántalles aos excesos e á noite nos seus últimos videoclips. Boyanka Kostova fai un paralelismo entre a realidade da Europa do Leste e Galicia no seu último tema. No que traen ao noso contexto a estética das repúblicas postsoviéticas ao ritmo do hard bass, a electrónica xurdida alí nos 90.
De Ninghures presenta o seu último adianto do inminente disco 'Feria' nun videoclip, rodado nun aparcadoiro en que se xuntan para botar 'O último baile'. O tema é unha copla recollida por Schubarth a Salomé de Arzúa que fala dos amores obsesivos.
Grande Amore e Xaime Miranda filman no Valadouro unha historia de venganza que remata cun linchamento popular en 'Onte fun moi malo', un tema que homenaxea ao 'Denim Demon' dos Turbonegro e no que Nuno amosa a súa cara máis macarra.