Cargando resultados...
Unha muller e o seu fillo morreron este mércores nun accidente de tráfico en Asturias
No sinistro houbo tamén catro feridos de diversa consideración

G24.gal
31/01/2024 20:07
Unha muller de 68 anos e o seu fillo de 39 morreron este mércores nun choque frontal entre dous vehículos en Asturias.
O sinistro aconceteu pola tarde no corredor do Nalón, á altura de Sama de Langreo, cando un dos turismos invadiu o carril contrario.
Houbo tamén catro feridos de diversa consideración, dous deles foron trasladados a un centro hospitalario.
Os traballos para atender as vítimas e despexar a estrada alongáronse durante case tres horas e provocaron importantes atascos na zona.