Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller detida por acoitelar outra nunha lea en Santiago

Unha muller detida por acoitelar outra nunha lea en Santiago

Os feitos aconteceron no exterior dun bar da praza de Vigo, en Santiago

A vítima estaba na beirarrúa e foi trasladada en ambulancia ao hospital de Compostela A vítima estaba na beirarrúa e foi trasladada en ambulancia ao hospital de Compostela
G24.gal 29/09/2022 13:51

A Policía Nacional detivo unha muller por causar lesións con arma branca a outra moza nun bar da zona do Ensanche en Santiago de Compostela. Todo comezou como unha no exterior do local.

Unha das mulleres, a vítima, é a parella do cociñeiro e a agresora tivo algún tipo de relación co dono do local. Nun momento sacou unha navalla de sete centímetros e deulle tres coiteladas. A menos grave, no peito, e dúas máis aparatosas nunha perna, porque a vítima sangraba abundantemente. Non tardaron moito en chegar a policía e os servizos sanitarios que a atenderon e levárona en ambulancia ao Hospital Clínico, onde lle deron varios puntos de sutura.  

As testemuñas corroboraron a versión da vítima. A presunta autora dos feitos foi localizada e detida na avenida de Vilagarcía. Agora está acusada dun delito de lesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade