Publicador de contidos

Publicador de contidos

Icomos visita a Ribeira Sacra para axustar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade

Icomos visita a Ribeira Sacra para axustar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade

O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, acompaña aos dous expertos de Icomos que percorren a zona co fin de reforzar a proposta galega antes da súa evaluación definitiva

Ribeira Sacra (Europa Press) Ribeira Sacra (Europa Press)
G24.gal 16/11/2026 20:07 Última actualización 16/11/2026 20:40

Unha misión especial do Consello Internacional de Museos e Sitios (Icomos) visita, dende este luns, a Ribeira Sacra con dous días de traballo por diante centrados en "axustes técnicos" que permitan reforzar a candidatura da comarca a Patrimonio da Humanidade, con vistas a unha nova evaluación da mesma por parte da UNESCO.

Segundo informou a Xunta de Galicia, trátase dunha visita de "apoio especial" ao proxecto "Ribeira Sacra. Paisaxe de Auga", a cal sitúase na decisión que o pasado mes de xullo polo Comité de Patrimoio Mundial da UNESCO para asesorar aos promotores en relación aos "axustes técnicos" que se deben realizar para fortalecer a candidatura.

O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, é o encargado de acompañar aos dous expertos de Icomos que percorren a Ribeira Sacra co obxectivo de reforzar a proposta galega antes da súa evaluación de carácter definitivo.

Segundo Miramontes, a candidatura que evaluará de novo o comité continuará "sendo a mesma", pero asegura que contará con "pequenas apreciacións", porque "todo se pode mellorar" para "conseguir ese consenso absoluto entre todos os axentes implicados". 

Así, explica que o obxectivo desta visita é "reconfirmar moitas das características e das excepcionalidades que ten a Ribeira Sacra" e, por outro lado, "recoller calqueira tipo de consello, apreciación ou mellora" na candidatura e poder chegar ao próximo comité da UNESCO "con todas as garantías".

Para isto, segundo explica a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude nun comunicado, organizou xunto coa delegación especial de Icomos, dous días de traballo nos que visitarán diferentes "puntos chave" do territorio. En concreto, os expertos visitarán "bens e infraestruturas dous concellos lucenses de O Saviñao, Chantada e Carballedo" e os municipios ourensanos de Nogueira de Ramuín e Parada de Sil.

Nesta mesma mensaxe, recalcan que a Ribeira Sacra "non está presente aínda de maneira suficiente na Lista de Patrimonio Mundial" e afirman que o goberno galego pretende "darlles a coñecer a estes técnicos, no mesmo territorio, os atributos excepcionais e únicos desta paisaxe".

Así mesmo, estas dúas xornadas servirán para perfilar ou ampliar cuestións técnicas na candidatura para alcanzar o obxectivo final, que é a súa inclusión na lista de elementos Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade