Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha manda de cans atemoriza Cerdeiras, en Campo Lameiro

Unha manda de cans atemoriza Cerdeiras, en Campo Lameiro

Aseguran que adoitan andar ceibos pola aldea en actitude agresiva

Segundo denuncian, xa mataron galiñas, outro can e mesmo un año

G24.gal 02/05/2023 14:41 Última actualización 02/05/2023 14:49

Veciños de Cerdeiras, en Campo Lameiro, viven atemorizados polos cans doutro residente. Ten máis de 30 en dous terreos, pero adoitan andar ceibos pola aldea en actitude agresiva. Denuncian que xa mataron galiñas, outro can e mesmo un año. 

Nunha das vivenda instalaron cámaras de vixilancia por medo a saír cando os cans andan ceibos. Temen que calquera día poidan atacar algunha persoa. Malia que xa presentaron numerosas denuncias, aseguran que ninguén toma medidas.

Din vivir atemorizados tamén pola actitude agresiva e vingativa do dono dos cans, que chegou durmir nun coche abandonado. Algúns veciños xa o denunciaron porque sospeitan que toma represalias cando lle chaman a atención e víngase causándolles danos nas súas propiedades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade